Transporte e comedor

Transporte

En Aspamite contamos con dous medios de transporte para prestar este servizo, transportando aos usuarios dende paradas próximas ás súas casas ata o Centro e viceversa.

Un microbus de 32 prazas para os usuarios de Teo, subvencionado polo Concello de Teo, no que os usuarios están acompañados durante todo o traxecto dunha coidadora.

Actualmente está adxudicado á Empresa Seoane.

Contamos cunha  furgoneta de 8 prazas, na que se trasladan ao Centro aos usuarios que viven en concellos limítrofes a Teo, para o cal existe un copago entre os usuarios deste servizo e a Xunta de Galicia.

No ano 2023 comezamos a prestar este servizo dende a asociación coa nosa nova furgoneta, adquirida cos Fondos Next Generation da Unión Europea e xestionados a través da Xunta de Galicia.

Este servizo é común aos dous centros e permanece activo dende xaneiro a decembro

Comedor

O servizo de comedor permanece activo dende xaneiro a decembro.

Actualmente está adxudicado á empresa Freire Chico.

Skip to content