Slider

Saúdo do presidente

 

A realización das distintas actividades supón un gran esforzo e dedicación de todo o persoal do Centro que , ca súa profesionalidade e bo facer consiguen que os nosos usuarios estean sempre motivados e aprendendo a desenvolverse con autonomía. Esta gran responsabilidade obríganos a aprender dos erros e superar as dificultades para así poder mellorar día a día co fin de ofrecer o mellor servizo.


Queremos dar as grazas a todos os colaboradores, socios, entidades privadas e Organismos Públicos que coa súa colaboración fan posible Aspamite. A súa achega contribúe á formación dos usuarios con Diversidade Funcional para a súa integración na sociedade e no mundo laboral.


Realizar todo este traballo de formación, sabemos que non é sinxelo. O traballo diario obriga a reinventarse continuamente. En nome da Xunta Directiva, e de todos aos que representa, quero resaltar, unha vez mais, a profesionalidade e implicación de todo o persoal que o fai posible.


Aspamite sempre está á vosa disposición e, por suposto, a recibir as vosas visitas.


Unha forte aperta a todos e grazas novamente pola vosa colaboración.


Ángel J. Morón Pérez