Historia

15 novembro 1994

Creación de Aspamite

Créase para mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por algunha discapacidade

15 novembro 1994

17 marzo 1995

 Visado dos Estatutos

Foron visados e incorporados ao Rexistro Provincial de Asociacións.

17 marzo 1995

16 novembro 1995

 Inscrición no Rexistro de Entidades Prestadores de Servizos Sociais.

Inscrición de Aspamite como entidade Prestadora de Servizos Sociais da Xunta de Galicia co nº 863

16 novembro 1995

2 novembro 2001

Inscrición no Censo de Asociacións e Entidades culturais e deportivas do Concello de Teo

2 novembro 2001

25 xaneiro 2005

Recoñecemento de entidade de interese social.

25 xaneiro 2005

15 febreiro 2005

Adaptación dos Estatutos á normativa vixente

Foron modificados para adaptalos á Lei Orgánica 1/2002 do 22 de marzo, e inscritos na Consellería de Xustiza co nº 3911 – 1ª

15 febreiro 2005

28 xullo 2006

Cesión edificio

Sinatura dun convenio, entre o Concello de Teo e Aspamite, mediante o cal se cede un edificio propiedade do Concello durante 50 anos.

28 xullo 2006

30 setembro 2008

Declaración como entidade de Utilidade Pública

Declaración que figura na Orde Ministerial 3014/2008.

30 setembro 2008

1 decembro 2009

Convenio das prazas dos Centros coa Xunta de Galicia

Asinamos un convenio coa Xunta de Galicia, cunha duración de 25 anos, para o financiamento das prazas dos Centros; 10 prazas en Centro de Día e 14 prazas en Centro Ocupacional.

1 decembro 2009

17 febreiro 2012

 Recoñecemento de Aspamite como Centro Sociosanitario

Recoñecemento, pola Consellería de Sanidade, como Centro Sociosanitario co número C 15 002666 o cal nos autoriza para impartir Terapia Ocupacional, Fisioterapia e Enfermería xeral.

17 febreiro 2012

1 xuño 2018

Modificación dos Estatutos

Esta última modificación debeuse aos cambios no enderezo de Aspamite, pola nova nomenclatura das rúas que realizou o Concello de Teo, e no nome da Asociación para retirar a palabra minusválido e cambiala por persoa con diversidade funcional.

1 xuño 2018

Agosto 2018

Instalación dun ascensor

Procédese á instalación dun ascensor para a eliminación de barreiras arquitectónicas, así como para comunicar as dúas plantas do Centro entre si.

Agosto 2018

Agosto 2019

Reforma integral da planta baixa do Centro

Procedeuse a reformar de forma íntegra a planta na que temos ubicado o Centro de Día para seguir coa eliminación de barreiras arquitectónicas existentes no local e por prevención de riscos.

Agosto 2019

Agosto 2021

Reforma integral da planta soto do Centro.

Procedeuse a reformar de forma íntegra a planta na que temos ubicado o Centro Ocupacional para continuar coa eliminación de barreiras arquitectónicas existentes no local e por prevención de riscos.

Agosto 2021

Agosto 2023

Melloras acústica e enerxética do local

Mediante o cambio das fiestras e portas do Centro conseguimos a eficiencia enerxética do local e reducimos o impacto acústico no mesmo.

Agosto 2023
Ir o contido