Slider

A asociación

ASPAMITE é a Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional do concello de Teo que foi formada para mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por algunha discapacidade. Actualmente atende a 15 persoas no Centro Ocupacional e a 10 personas no Centro de Día.

Ten o seu domicilio social en Travesía das Galanas, 71 – Calo - CP 15886 Teo (A Coruña), nun local cedido polo Concello de Teo durante 50 anos e o seu número da tarxeta de identificación fiscal é G/15513641.

Os seus Estatutos foron visados e incorporados ao Rexistro Provincial de Asociacións, con data 17 de marzo de 1995. Posteriormente, foron modificados e inscritos na Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia co nº 3911/1ª con data 15 de febreiro do 2005.

Rexistros nos que figura Aspamite e recoñecementos da Asociación:

  • Rexistro da Consellería da Vicepresidencia e do Benestar Social da Xunta de Galicia co número E-863.
  • Recoñecida entidade de carácter social dende o 25 de xaneiro de 2005.      
  • Censo de Asociacións e Entidades culturais e deportivas do Concello de Teo con data 2 de novembro de 2001.
  • Declarada Entidade de Utilidade Pública segundo a Orde Ministerial 3014/2008 do 30 de setembro.
  • Convenio das prazas coa Xunta de Galicia dende o ano 2009.

O ámbito de actuación da asociación, comezou sendo o término territorial do Concello de Teo pero na actualidade, atendemos tamén a persoas con diversidade funcional dos concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón, Rois, Padrón e A Estrada.