Centro de atención diúrna terapéutica
O Centro de Atención Diúrna Terapéutica Aspamite créase no ano 2009 para dar resposta a 10 persoas con discapacidade e con necesidades de apoio extenso e xeneralizado, en situación de dependencia.
Este servizo constitúe un recurso social necesario, onde o principal obxectivo que se persegue é facilitar unha atención habilitadora integral, mediante a posta en práctica de programas nos ámbitos persoal e social e así desenvolver o máximo posible as capacidades individuais dos usuarios/as, co fin de conseguir un axuste persoal e social axeitado que os leve a unha plena integración e normalización das súas condicións de vida.
O horario do centro é de 11:45 a 18:45 horas e o calendario previsto ocupa todo o ano
Estimulación cognitiva:
Tratamos de reforzar as capacidades mentais que permiten aprender, pensar, razoar, etc.
Estimulación multisensorial:
É un instrumento utilizado co obxectivo de mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade. Para elo recorremos a medios e estratexias que traballan as capacidades máis básicas do ser humano: as sensacións, a percepción e a manipulación.
Habilidades sociais e comunicativas:
Traballar esta actividade permite expresar sentimentos, actitudes, desexos e opinións dunha forma axeitada respectando aos outros.
Lecto-escritura:
A través desta actividade desenrólase a habilidade de escoitar, o desenvolvemento da linguaxe e a expresión, da imaxinación e a creatividade.
Cálculo:
A través destas actividades os usuarios familiarízanse cos números e traballan aspectos como a atención, a memoria e o razoamento lóxico.
Talleres
Actividades como Cestería, Confección de alfombras, ensartado
Ocio e lecer:
Axuda a fomentar as relacións interpersoais, a promover a participación do grupo e a conseguir un clima harmónico. De xeito guiado, as persoas usuarias do Centro de Atención Diúrna Terapéutica. participan en xogos nos que deben seguir e respectar quendas e normas.
Expresión plástica e artística:
Traballamos o desenvolvemento da motricidade fina e a estimulación da creatividade.
Iniciación ao teatro:
Mediante exercicios sinxelos de imitación, improvisación, etc; logramos desenrolar a nosa imaxinación de xeito ameno e relaxado.
Uso de novas tecnoloxías:
Apoiámonos nas novas tecnoloxías para potenciar ao máximo as capacidades a través de distintas actividades de estimulación cognitiva; utilizando distintos programas informáticos educativos como reforzo e apoio nas distintas áreas de traballo (áreas perceptivas visuais, auditivas, etc...)
Axuste personal
Desenvolvemento de actividades e rutinas diarias ( habilidades no fogar, cociña, facer a compra)
Áreas complementarias:
o Xardinería: Participación no embelecemento do entorno, realizamos actividades de plantación de flores de temporada e mantemento do xardín
As condicións para poder ser usuario do Centro de Atención Diúrna Terapéutica son as que seguen:
- Ter entre 16 e 59 anos
- Recoñecida unha minusvalía => 75%, ter necesidade de axuda de terceira persoa e recoñecida a situación de dependencia.
- Necesidade de apoio extenso e xeneralizado
- Empadroado nalgún concello de Galicia polo menos un ano