A Asociación

ASPAMITE é a Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional do concello de Teo que foi formada para mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por algunha discapacidade. Actualmente atende a 15 persoas no Centro de Atención Diúrna Ocupacional  e a 10 persoas no Centro de Atención Diúrna Terapéutica.

Ten o seu domicilio social en Travesía das Galanas, 71 – Calo – CP 15886 Teo (A Coruña), nun local cedido polo Concello de Teo durante 50 anos e o seu número da tarxeta de identificación fiscal é G/15513641.

Os seus Estatutos foron visados e incorporados ao Rexistro Provincial de Asociacións, con data 17 de marzo de 1995. Posteriormente, foron modificados e inscritos na Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia co nº 3911/1ª con data 15 de febreiro do 2005.

Rexistros nos que figura Aspamite e recoñecementos da Asociación:

  • Rexistro da Consellería da Vicepresidencia e do Benestar Social da Xunta de Galicia co número E-863.
  • Recoñecida entidade de carácter social dende o 25 de xaneiro de 2005.      
  • Censo de Asociacións e Entidades culturais e deportivas do Concello de Teo con data 2 de novembro de 2001.
  • Declarada Entidade de Utilidade Pública segundo a Orde Ministerial 3014/2008 do 30 de setembro.
  • Convenio das prazas coa Xunta de Galicia dende o ano 2009.

O ámbito de actuación da asociación, comezou sendo o termo territorial do Concello de Teo pero na actualidade, atendemos tamén a persoas con diversidade funcional dos concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón, Rois, Padrón e A Estrada.

Presidente

D. Ángel Javier Morón Pérez

Vicepresidente

D. Alfonso Blanco Leborán

Secretario

D. José María Cándido Seage Pais

ViceSecretario

D. Roberto Vázquez Chan

Tesoreira

Dña. Mª Dolores Rey Tojo

Vogal

Dña. Lourdes Neira Pérez

Vogal

D. Gumersindo Iglesias Rodríguez

Vogal

D. Jaime Pena Paramá

Vogal

Dña. Mª Carmen Varela Pazos

Vogal

Dña. Ana Isabel Prieto Florez

Vogal

D. Germán Gosende Cabo

Skip to content