Centro de atención diúrna terapéutica

O Centro de Atención Diúrna Terapéutica Aspamite créase no ano 2009 para dar resposta a 10 persoas con discapacidade e con necesidades de apoio extenso e xeneralizado, en situación de dependencia.

Este servizo constitúe un recurso social necesario, onde o principal obxectivo que se persegue é facilitar unha atención habilitadora integral, mediante a posta en práctica de programas nos ámbitos persoal e social e así desenvolver o máximo posible as capacidades individuais dos usuarios/as, co fin de conseguir un axuste persoal e social axeitado que os leve a unha plena integración e  normalización das súas condicións de vida.

O horario do centro é de 11:45 a 18:45 horas e o calendario previsto ocupa todo o ano

Estimulación cognitiva:

Tratamos de reforzar as capacidades mentais que permiten aprender, pensar, razoar, etc.

Estimulación multisensorial:

É un instrumento utilizado co obxectivo de mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade. Para elo recorremos a medios e estratexias que traballan as capacidades máis básicas do ser humano: as sensacións, a percepción e a manipulación.

Habilidades sociais e comunicativas:

Traballar esta actividade permite expresar sentimentos, actitudes, desexos e opinións dunha forma axeitada respectando aos outros.

Lecto-escritura:

A través desta actividade desenrólase a habilidade de escoitar, o desenvolvemento da linguaxe e a expresión, da imaxinación e a creatividade.

Cálculo:

A través destas actividades os usuarios familiarízanse cos números e traballan aspectos como a atención, a memoria e o razoamento lóxico.

Talleres

Actividades como Cestería, Confección de alfombras, ensartado

Ocio e lecer:

Axuda a fomentar as relacións interpersoais, a promover a participación do grupo e a conseguir un clima harmónico. De xeito guiado, as persoas usuarias do Centro de Atención Diúrna Terapéutica. participan en xogos nos que deben seguir e respectar quendas e normas.

Expresión plástica e artística:

Traballamos o desenvolvemento da motricidade fina e a estimulación da creatividade.

Iniciación ao teatro:

Mediante exercicios sinxelos de imitación, improvisación, etc; logramos desenrolar a nosa imaxinación de xeito ameno e relaxado.

Uso de novas tecnoloxías:

Apoiámonos nas novas tecnoloxías para potenciar ao máximo as capacidades a través de distintas actividades de estimulación cognitiva; utilizando distintos programas informáticos educativos como reforzo e apoio nas distintas áreas de traballo (áreas perceptivas visuais, auditivas, etc...)

Axuste personal

Desenvolvemento de actividades e rutinas diarias ( habilidades no fogar, cociña, facer a compra)

Áreas complementarias:

o Xardinería: Participación no embelecemento do entorno, realizamos actividades de plantación de flores de temporada e mantemento do xardín

As condicións para poder ser usuario do Centro de Atención Diúrna Terapéutica son as que seguen:

Ir o contido